Nadal 2026 – Conto de Nadal
✨📖O noso Conto de Nadal xa ten data 📖✨
Hai historias que non só se len en libros, senón que tamén se gardan en fotogramas. Ano tras ano, o noso estudio transfórmase para acoller un novo capítulo, e este Nadal preparamos unha experiencia pensada para parar o tempo, conectar e disfrutar en familia entre estantes, luces cálidas e páxinas cheas de maxia.
A maxia de crear recordos xuntos
Máis alá da decoración ou dos detalles, o verdadeiro sentido destas sesións é capturar un momento real da vosa historia.
Cando os peques crezan e volvades a estas fotos dentro duns anos, non só veredes canto cambiaron, senón tamén como vos mirábades e como vos ríades xuntos.
Un recordo acolledor e eterno para ter sempre na casa.

Imaxina a vosa familia compartindo un momento acolledor, entre contos de páxinas grosas, a luz cálida dos estantes e a ilusión de descubrir novas historias. Os nenos curioseando por cada recuncho e sorrindo en cada páxina, mentres vós os mirades con esa ledicia tranquila e cómplice.
Nós encargámonos de capturar esa espontaneidade e esa luz natural, gardando nun fotograma a autenticidade dos pequenos instantes que van facer grande o voso Nadal.
📸 Máis que unha sesión de fotos
Durante máis de dezaséis anos dedicamos o corazón e a alma a crear campañas de Nadal pensadas para garantir experiencias únicas e máxicas para as familias.
As nosas sesións van máis alá dunha simple imaxe: son momentos compartidos que fan que grandes e pequenos se sintan parte de algo especial.
Como son os escenarios deste ano? 📚
Deseñamos tres atmosferas atemporais e cheas de encanto para que vivades unha experiencia única:
-
O escaparate exterior: Un paseo invernal diante dunha vella librería iluminada. Ideal para lucir abrigos bonitos, bufandas, boinas e capas.
-
O interior da librería: O corazón da nosa historia. Un recuncho acolledor cheo de libros, estantes e luz suave onde os nenos poden explorar, xogar e ser eles mesmos.
-
Onde nacen os contos: Un ambiente máis preparado e refinado, entre cortinas, luces e libros, pensado para retratos cun aire clásico e moi coidado.
Un pouco de inspiración 🎨

Un ano máis, adiantamos un pedaciño do Nadal para ti. As sesións están programadas para que teñas as túas fotos a tempo: xa sexa para agasallar, enviar postais ou compartir en Noiteboa.
👉 Para asegurarte de que recibes os teus recordos antes de Nadal, recomendámosche reservar antes do 15 de novembro.
Se a sesión se realiza despois desta data, non podemos garantir a entrega física a tempo, pero terás as imaxes dixitais listas antes de Nadal.

Ofrecémosche a posibilidade de ter as túas fotos en papel da máis alta calidade ou nun álbum dixital con acabados premium deseñado por nós exclusivamente para as nosas familias. Todos os paquetes inclúen a descarga das imaxes dixitais seleccionadas, e tamén poderás adquirir a galería completa.

No noso estudo atoparás unha gran variedade de detalles para regalar: postais personalizadas, adornos para a árbore, calendarios, cadriños e máis.
Despois da sesión, recibirás unha galería online para elixir as túas fotos favoritas. Terás un plazo de dous días para facer a túa selección e que así chegue todo a tempo.
📚 Como reservar a túa sesión? 📚
É moi sinxelo. Só tes que premer no botón «Reserva a túa sesión» que ves arriba e accederás ao noso calendario. Alí atoparás os días dispoñibles para as sesións de Nadal. Escolle a hora que mellor che conveña, cobre o cuestionario de reserva, introduce os teus datos e selecciona o paquete que prefiras. O pago da reserva faise en liña e, automaticamente, confirmaremos a túa cita co día e a hora elixidos.
Non te despistes: recibirás un correo de confirmación ao instante coa guía para as sesións deste ano.
✨📖 Recompensa de Reserva Anticipada 📖✨
Se fas a túa reserva para realizar a sesión no mes de Outubro antes do Sábado 12 de Setembro ás 21:00h, terás un 10% de desconto directo na túa sesión!

Como se vive a experiencia no estudio?
Dedicaremos entre 20 e 40 minutos a crear un ambiente distendido e acolledor. A través do xogo e da nosa dirección, creamos situacións naturais para que surxan xestos espontáneos, mentres coidamos cada detalle para que todos saiades guapísimos. Así creamos a maxia da nosa librería:
1.Unha viaxe no tempo:Cruzar a porta do estudio será como entrar nunha librería antiga chea de encanto, onde a madeira, a luz suave e os detalles fan que os peques se sintan dentro dun conto desde o primeiro segundo.
2.Xogo, lectura e descubrimento:Entre os estantes do noso espazo, propoñerémosvos dinámicas para abrir libros, buscar sorpresas e compartir complicidades. Canto máis gozan explorando, máis auténicas son as súas expresións.
3. A vosa esencia en cada foto:Coidamos a luz e a composición para capturar esas miradas que vos definen como familia, transformando unha tarde calquera nun recordo eterno e impecable.
Que roupa levar?
Recomendamos outfits que combinen xerseis de punto groso, pantalóns de pana, camisas, vestidos con textura e botas, xogando con tons cálidos e luminosos como crudos, marfíl, beige, marróns e toques de azul mariño, mostaza ou borgoña. Podes optar por un estilo máis informal ou por algo máis amañado; o verdadeiramente importante é que vos sintades cómodos e que a vosa roupa reflicta a vosa esencia.
Se contratas un paquete con dous decorados, terás a opción de facer un cambio de vestiario para o espazo «Onde nacen os contos». Aquí suxerímosche unha opción un pouco máis vestida ou formal, perfecta para darlle ese aire clásico e de festa á vosa historia ✨.
E non te preocupes: ao facer a reserva recibirás a nosa Guía de Vestiario completa con ideas e paletas de cores, e estaremos encantadas de asesorarte persoalmente para que todos os looks queden en perfecta harmonía.
Quen pode participar?
Quen queira! Non hai límite de idade, nin mínima nin máxima. No caso de bebés que aínda non se sentan ou non se manteñen soíños, necesitaremos a participación dos papás. Tamén haberá retratos individuais, pero a sesión será sobre todo familiar.
Pais e nais, esta experiencia tamén é para vós! Coordinade un pouco as cores cos máis pequenos e deixádevos levar. Queremos que toda a familia disfrute deste momento tan especial e quede reflexado como un recordo único.
As sesións están pensadas para cada unidade familiar. Non importa se sodes dous, tres ou máis, o importante é que todos participedes na creación deste recordo. Se queredes fotos con curmáns, outros familiares ou amigos, será necesario reservar sesións consecutivas: así poderemos facer fotos conxuntas entre unha e outra, captando a maxia de ambas familias.
E se non podes asistir ou chegas tarde?
Entendemos que ás veces xorden imprevistos. Se necesitas reprogramar, avísanos canto antes e buscaremos unha nova data.
Iso si, é importante chegar puntual para que a experiencia sexa completa. En caso de atraso e falta de tempo dispoñible, a sesión poderá acurtarse.
Ten en conta que o importe da reserva non é reembolsable, pero sempre che axudaremos a recolocar a túa sesión. A túa satisfacción é a nosa prioridade.
Escribimos xuntas o voso Conto de Nadal? 📖✨
Reserva hoxe mesmo a túa praza e comeza a preparar un recordo que durará para sempre.



