Promo San Valentín 2019
Déixate de bombóns, ramos de flores e regalos que non perduran. Regala unha experiencia por San Valentín!
Se estades namorados e queredes unha excusa para encher o voso álbum de recordos, témosvos preparada unha promoción especial. Regala unha sesión de fotos de parella, ao aire libre, nalgún lugar que sexa importante para vós ou que simplemente vos guste! Un plan orixinal, interesante e divertido!
Nesta ocasión, só realizaremos 5 sesións de parella por San Valentín.
Poderás reservalas no noso estudio e prepararémosche un bonito vale para canxear durante este 2019.
Poderás elixir entre levar as fotos impresas, nun bonito sobre personalizado ou que volas preparemos nun miniálbum deseñado especialmente para esta ocasión.
Desde 120€.